31 oct 2010

foro vilar

A continuación pégovos un enlace para entrar no "Foro do Vilar" , onde poderedes poñer o que queirades, incluso a parir ó  "míster" . Iso sí, o que o faga terá 50 estupendos minutos de carreira contínua o próximo adestramento.     Mr. Green

http://atleticovillar.creatuforo.com/foro-vilar-tema3.html

30 oct 2010

FASE OFENSIVA

Aí vai outro video. Mirádeo un par de veces, fixádevos no movemento dos xogadores, por postos, e en conxunto.


      


29 oct 2010

LISTA CONVOCADOS PARTIDO MOS-ATL. VILLAR

OS CONVOCADOS PARA O PARTIDO CONTRA O MOS, SON:

CARLOS                       CHARLY
TOUCEDO                    PINE
ALEXIS                        ARTURO
LUCAS                         PABLO
SOTO                           QUIQUE
MANUEL                      CHIQUI
CRISTIAN                   RAÚL
EDGAR                        NOEL


SAIMOS DO CAMPO DO VILAR ÁS 14:40. HAI QUE ESTAR NO CAMPO DO MOS ÁS  15:00 . O CAMPO  CHÁMASE :   "AS BALOUTAS" E ESTÁ NA VEIGADAÑA.

27 oct 2010

PRÓXIMO PARTIDO

U.D. MOS
Outeiro - Torroso As Baloutas, 72
C.P. 36417
MOS, PONTEVEDRA
Tlf: 337707
 Amarilla
 Azul
 AS BALOUTAS


O PRÓXIMO PARTIDO É CONTRA O MOS. VAN TERCEIROS CLASIFICADOS, NON SERÁ MAL EQUIPO, POR TANTO.
POLOS NÚMEROS QUE ESTOU  VENDO, SÓLO LEVAN 8 OU 9 GOLES A FAVOR (NA PÁXINA DA FEDERACIÓN VAN UN PARTIDO ATRASADOS), O CAL INDICARÍA QUE NON DEBEN TER MOI BOA DIANTEIRA (AO MELLOR, CONTRA NÓS ESMÉRANSE, SAIRÁN CRECIDOS). OS NÚMEROS DÍN QU EN CAMBIO SÓLO LEVAN 5 GOLES EN CONTRA, CO CAL DEBEN TER UNHA BOA DEFENSA, E BÓ PORTEIRO.


O PARTIDO É AS CATRO DA TARDE , NO CAMPO DE "AS BALOUTAS" . HAI QUE ESTAR AS TRES NO CAMPO (OS QUE VAIAN DIRECTOS),  
SAÍMOS DE VILAR ÁS TRES MENOS CUARTO:                   14:45

VIDEO FASE DEFENSIVA

Vou ir colgando uns vídeos. Non se trata que nós fagamos o mesmo. Son equipos de 1ª División, moi poucos son capaces de xogar así. Nós témonos que fixar en equipos que o fan perfecto para non copiar erros de outros. O que tedes que facer é fixarse nos movementos dos xogadores, e sobre todo de aqueles que xogan na mesma posición que vós.
Ou sexa: O PRINCIPAL É QUE COPIEDES MOVEMENTOS, TANTO EN ATAQUE COMA EN DEFENSA. COLLEDE UN XOGADOR MODELO E SEGUÍDEO SEMPRE EN CADA XOGADA. VEDE O SEU MOVEMENTO NO CONXUNTO, E TRATAR DE IMITALO .
VEDE OS VIDEOS VARIAS VECES, FIXÁNDOSE EN TODOS OS DETALLES.

BALÓN

ESTES VAN SER OS BALÓNS QUE VAI MERCAR O CLUBE. PARA A SEMANA QUE VEN, TEREMOS BALÓNS NOVOS. IDE AFIANDO AS BOTAS.

24 oct 2010

RIFAS

Lémbrovos a todos, que esta semana hai que entregar o diñeiro das rifas. O xoves  ou  venres ao máis tardar debedes entregar os 50 euros. Os que vendestes todo, pois entregades tamén o taco. Os que non vendestes todas as rifas, debedes entregar os 50 euros e tedes mais prazo para rematar de vendelas, NON ENTREGAREDES O TALONARIO. Quedádesvos con él para recuperar os cartos que adiantades. 
O ideal sería vendelo todo, un pouco de esforzo, e así non poñedes diñeiro do voso peto.


A N I M O   !!!!


E para que vaiades pensando, as opcións que se barallan neste intre:
Modelo Joma Champion
Luanvi Open
Luanvi Active
Legea Acapulco
                    O modelo de Legea non é seguro, hai que velo, xa que dentro  de Legea hai varias posibilidades. As cores do Joma poderían ser: en azul cos ombreiros en amarelo, ou en negro cos ombreiros en blanco. Non hai combinación amarelo-negro. No de Legea, tampouco é seguro o amarelo-negro. Hai un azul marino-amarelo.
  Se queredes, ir votando cal vos gusta máis.       

23 oct 2010

XA ESTAMOS AQUÍ !!!

Ola rapaces:
Xa estamos aquí, e aproveitando as ventaxas da tecnoloxía, éste será un medio para compartires de todo un pouco. Básicamente, colgarei aquí as listaxes de convocados para os partidos (ogallá que haxa xente de sobra!!!); tamén aproveitarei para poñervos ligazóns a vídeos que considere importantes, e para decirvos o que se me ocorre.